Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Obradoiro en Pontevedra sobre a valoración de postos de traballo e o rexistro e auditoría retributiva

    O obradoiro sobre a valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva foi impartido por persoal técnico do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    16/10/2021.
    curso taller UC CCOO Pontevedra

    curso taller UC CCOO Pontevedra

    O principio de igual retribución por traballo de igual valor é un precepto que xa foi gañando importancia desde a súa primeira formulación no texto do Estatuto dos traballadores/as de 1980.

    O Real decreto Lei 6/2019 introduciu a obriga do rexistro salarial nas empresas, modificando o artigo 28 do Estatuto dos traballadores/as. Este real decreto modifica o artigo 46.2 da Lei orgánica de igualdade efectiva entre mulleres e homes 3/2007 (LOIEMH), ao incluír a auditoría salarial no diagnóstico dos plans de igualdade, ademais de prever o seu desenvolvemento regulamentario no artigo 46.6 desta mesma lei.

    Este feito establece un vínculo entre o Real decreto 901/2020 sobre plans de igualdade e o Real decreto 902/2020 sobre igualdade salarial, pois neste último aparece o desenvolvemento normativo, tanto do rexistro salarial como da auditoría salarial.

    Ambas as ferramentas fan parte da información que se empregará para realizar o diagnóstico dos plans.

    A finalidade das auditorías retributivas é establecer medidas específicas en cada empresa para facer efectivo o dereito á igualdade de trato e á non discriminación entre mulleres e homes en materia de remuneración. Para iso, CCOO vén formando os compañeiros e compañeiras que participan nas tarefas de negociación, para que podidan identificar e corrixir a discriminación existente e loitar contra ela, promovendo as condicións que sexan necesarias.